Inés Juste Valenzuela

Comecei a miña andaina musical na escola de música de Salvaterra de Miño, logo pasei ao CMUS Vigo e actualmente atópome no CMUS Manuel Quiroga (Pontevedra). A primeira achega que tiven coa BMM foi grazas ao curso de Miguel Moreno. Ademais deste, asistín a outros eventos musicais tales coma o curso do Spanish Tuba Quartet, a Banda Sinfónica Xuvenil de Galiza ou o 2º Taller Xuvenil de Dirección de Banda.

Instrumento
Ano entrada na BMM
2015
Iniciou estudo de Música em
2012
Inés Juste